domingo, 16 de outubro de 2016

TALLERES NA AULA DE 4 ANOS

Durante este curso dedicaremos algunhas sesións semanais á realización de talleres con diferentes temáticas.
Algúns talleres serán con toda a aula (en gran grupo) como poden ser talleres de: cociña, educación emocional, ...
E outros serán en pequenos grupos polos que os nenos e nenas irán rotando de maneira que todos/as pasen por tódolos talleres, como poden ser de: manualidades, actividades matemáticas, motricidade fina e coordinación visomotriz, ...
 
O martes pasado comezamos cos seguintes talleres:
 
- Taller de motricidade fina e coordinación visomotriz: os nenos e nenas xogaron a facer colares, colocar pinzas e cos pinchitos. Primeiro de forma libre e despois seguindo series.
 
 
- Taller de figuras xeométricas: os nenos e nenas xogaron primeiro de xeito libre coas figuras e despois facendo series.


- Taller de expresión plástica: comezamos o noso mural do outono pintando follas e estampándoas en papel contínuo. Recordamos as cores do outono: verde, amarelo, vermello, laranxa e marrón e tamén a que árbores pertencían as follas: vide, nogueira, maceira, pererira, membrillo e figueira.
 
 
Gustáronnos moito os talleres, divertímonos e aprendimos moito. Esperamos que a vós tamén vos gustasen.
 
Bicos e abrazos para todos e para todas!

domingo, 2 de outubro de 2016

ESTAMOS NO OUTONO!!!

Durante esta semana estivemos a facer talleres relacionados con esta estación do ano que tanto xogo dá para investigar, manipular, ...
 
Comezamos a semana ... facendo viño!!!
Neste vídeo vimos todo o proceso, máis nós non puidemos realizar tódolos pasos dada a falta de materiais e aparellos. Aínda así, pisamos uvas, deixamos repousar, remexemos e embotellamos. Foi unha gran experiencia e pasámolo pipa!!!



O martes, día da froita, aproveitamos para ver, tocar, ulir e probar diferentes froitas/froitos do outono. Algunhas coñecidas por todos e todas e outras que costou un pouco recoñecer ... E vós? recoñecedes todos os froitos das fotos? Se non é así preguntade ós cativos e cativas que de seguro se lembran dos seus nomes.



E xa para rematar a semana e para recordar formas, cores, ... e traballar un pouco a memoria, a orientación espacial, ... fixemos uns xogos cos bloques lóxicos nos que había que imitar figuras. Foi un éxito!!
 
 

Espero que vos gustasen as actividades tanto como nós disfrutamos con elas. Bicos e apertas para todas e para todos!