martes, 29 de novembro de 2016

25N- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante a semana previa traballamos varios contos na aula (contos dos cales disfrutamos tamén na visita ao teatro do pasado xoves 17).
 
 
O propio día falamos da violencia e de que non só se manifesta a través do maltrato físico, senón tamén a través das palabras. Chegamos á conclusión de que a maior parte das cousas que nos fan dano e que identificamos como violencia salen das mans: pegar, dar bofetadas, empurrar, ...
Así que buscamos cousas bonitas a facer coas mans. Dunha choiva de ideas saíron cousas tan fermosas como: abrazar, acariñar, tocar o pelo, saúdar, lavar a cara, aplaudir, escalar, ...
Como lembranza desta actividade bailamos e cantamos a canción  de Mamá Cabra: " As mans"
 


E xa para rematar, convertimos as nosas mans en fermosas flores violetas que nos recordarán que TODOS E TODAS SOMOS IGUAIS.

 
STOP VIOLENCIA!!!!


luns, 21 de novembro de 2016

Dereitos dos nenos e das nenas

O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e das Nenas.
Na aula estivemos a falar dos 10 dereitos fundamentais e quedamos moi tristes ao saber que aínda hai nenos e nenas polo mundo aos que non se lles deixa disfrutar destes dereitos.
 
 
Para recordar este día fixemos unha fermosa flor.
 
 
Para elo adornamos uns vasos de iogur con gomets, coloreamos e picamos a nosa flor e logo plantámola no vaso.
 

 
Esperamos que a nosa manualidade para conmemorar o Día dos dereitos dos nenos e das nenas sexa do voso agrado, nós pasámolo pipa realizándoa.
 
Biquiños e apertas para todos e para todas!