martes, 5 de abril de 2016

ACTIVIDADES MARZO: MULLER TRABALLADORA E SEMANA DA PRENSA

Durante a semana do 7 ao 11 de marzo (semana da prensa) aproveitamos para traballar na aula cos periódicos, revistas e recortes que as familias nos enviastes (MOITAS GRACIAS A TODAS AS FAMILIAS POLO MATERIAL APORTADO): clasificámolos polo nome, contamos as letras do nome de cada un, aprendimos que unha noticia ten un título, un corpo e ás veces fotos, tamén están escritas con diferentes letras,...
Tamén buscamos noticias relacionadas cos animais e coas mulleres, despois clasificámolas en boas e malas noticias e a continuación elaboramos dous murais: nun deles puxemos boas e malas noticias relacionadas cos animais ...

 
... e no outro puxemos as noticias atopadas relacionadas coas mulleres e falamos das profesións que nelas aparecían...
 

Por outra banda, para reforzar a igualdade entre homes e mulleres e a importancia do Día Internacional da Muller (8 de marzo) falamos dos traballos das nosas mamás e do importantes que son para nós e debuxámolas (en grupos de traballo cooperativo). Tamén falamos da importancia de colaborar todos e todas nas labores do fogar.
 

Ademais, tamén amenizamos a semana coa lectura dos seguintes contos:


Pasámolo moi ben e aprendimos moito, esperamos que a vós tamén vos gusten estas actividades. Bicos e apertas para todos e para todas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario