sábado, 5 de marzo de 2016

TALLER DE SABORES

De todo o que fixemos esta semana, decidimos contarvos o noso taller de sabores, desta volta a decisión foi unánime, e iso que esta semana fixemos un montón de cousas divertidas.
Para o noso taller de sabores trouxemos a aula sal e azucre (sabores salgado e doce) e uns cantos alimentos para clasificar (xamón serrano, patacas fritidas, queixo, osiños de gominola, chocolate e plátano).


 Primeiro probamos o sal e o azucre e falamos dos sabores doces e salgados. O azucre tivo éxito, o sal non tanto... Aínda así, algúns quixeron repetir.
 
 
Despois fixemos as nosas hipóteses sobre qué alimentos considerábamos doces e cales considerábamos salgados. Foi un longo debate, en algúns alimentos non nos dábamos posto de acordo.
 
 
Así que a mellor maneira para saír de dúbidas foi probalo todo e volver a discutir sobre o sabor dos alimentos.
 

Es así foi o noso taller de sabores, gustounos moito esta actividade. Estaba todo moooooi rico!!! Non deixamos nadiña nos platos. Esperamos que a vós tamén vos guste.
Bicos e apertas para todos e todas!

2 comentarios: